My sister, que estuvo allí, me mandó unos cuantos enlaces y he elegido este para que también quede constancia en esta humilde y rural casita:

Domingo, 21 de xuño do ano 2015. Sete da tarde, hora inglesa. Acabo de chegar a casa despois de pasar o día no Instituto Español ‘Vicente Cañada Blanch’ (Portobello) celebrando o Día de Galicia, que organiza o Centro Galego de Londres dende fai varios anos.

Chego con sentimentos enfrontados despois de observar cómo se desenvolveron os acontecementos. Ao acto asistiron diversas autoridades, encabezadas polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, e polo embaixador de España en Inglaterra, Federico Trillo. Trala celebración litúrxica, Núñez Feijoó achegouse a varias mesas para saudar aos comensais e sacar fotografías con eles. Ata aí, todo normal. Nembargantes, pouco podía imaxinar o noso presidente que eses minutos agradables e distendidos ían dar paso a un momento bastante incómodo, que, de feito, rematou coa desbandada de todas as autoridades públicas.

Xusto cando o presidente do Centro Galego de Londres anunciaba a intervención de Núñez Feijoó, a maioría dos mozos alí presentes comezaron (comezamos) a apupar ao máximo mandatario da comunidade galega. A partir de ahí, a tensión foi in crescendo. O presidente do Centro Galego de Londres, desconcertado pola inesperada reacción por parte dun bo número dos asistentes, saíu en defensa do presidente da Xunta, argumentando que deberíamos amosarnos máis agradecidos ante o seu esforzo por achegarse a Londres nunha xornada tan especial. Engadiu, ademais, que os galegos emigramos polo noso desexo de mellorar e progresar, e non por obriga. Ao mesmo tempo, tres ou catro membros da comitiva de Núñez Feijoó rodearon e ameazaron con expulsar do recinto aos mozos máis ruidosos –debo dicir, por certo, que en ningún momento houbo insultos ou palabras malsoantes, tan só asubíos e apupos-.

A situación saldouse coa marcha precipitada de todas as autoridades. Núñez Feijoó declinou a posibilidade de facer declaracións, e abandonou o Instituto Español argumentando que tiña unha axenda moi apretada e non dispoñía de máis tempo.

Se vos son sincera (sempre intento selo), síntome avergonzada polo acontecido, porque o intento de restrinxir a liberdade de expresión foi máis que evidente, e síntome decepcionada pola reacción de quen nos representa. Comprendo que nin Feijoó nin ningunha outra persoa teñen unha variña máxica para endereitar o rumbo de Galicia e xerar emprego para xente nova. A súa xestión é mellorable, pero non son culpables de todos os males do país. Pero si se lles pode esixir que dean a cara ante a súa xente. Son moi voluntariosos para recibir aplausos e recoñecementos, e tamén para fotografiarse cos seus incondicionais. Pero desaparecen do mapa no mesmo momento no que as cousas se torcen un pouco.

Queda claro, por outra parte, que os mozos emigrados galegos só contamos con nós mesmos e coas nosas familias. Todo o que sexa agardar axuda da clase política e dos grandes empresarios non deixa de ser unha utopía.

  • Paula García Costa, vimiancesa licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e co Máster en Formación do Profesorado pola Universidade da Coruña (UDC).

http://www.quepasanacosta.com/?p=44275&opinion=1

Otros enlaces:

24662-feijoo-puido-falar-ser-asubiado-emigrantes-londres

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/galiza/xunta-informa-dun-discurso-feijoo-londres-non-chegou-dar-polos-apupos-da-emigracion/20150623144334038511.html

Anuncios